Pero o sol debe pensar que aínda é verán e non quere deixarnos así que nos aproveitamos e saímos un ratiño a xogar no parque.

E que ben o pasamos! Recorrimos correndo o parque, atopamos unhas pouquiñas follas de outono e miramos para o ceo en busca de nubes pero levamos unha sorpresa enorme porque non había nin unha soa, sen embargo, atopámonos coa lúa!!!! Quedamos abraiados de vela polo día.