Os alumnos de segundo de primaria continúan co seu proxecto

Dentro do noso proxecto de traballo sobre a vida na contorna rural, o pasado venres 2 de marzo fixemos unha saída ao interior de Galicia, visitando o Museo Etnográfico Casa do Patrón e unha granxa de gando vacún, situadas ambas as nunha aldea próxima a Lalín.

Foi unha actividade prevista dentro da nosa programación trimestral, no proxecto "Coñeces a vida dun neno labrego?" Sempre buscamos no proceso de aprendizaxe partir dalgunha actividade baseada na experiencia, a partir da observación ou vivencia dunha situación concreta, en contacto directo co tema que traballamos (ciclo de Kolb). E esas 2 visitas, encaixadas perfectamente nunha única saída, permitíannos un achegamento importante, desde a realidade, ás vivencias dun neno labrego.

Os nenos pasáronllo moi ben, a pesar do día frío e chuvioso que nos tocou. As súas ideas preconcibidas e teóricas tiveron que ser matizadas e perfiladas polo que viron, cheiraron e tocaron.

Aquí tes o album de fotos do proxecto, e aí podes ver unas cantas fotos deste día de traballo e aprendizaxe preto de Lalín.