Seguimos traballado coas novas metodoloxías

Esta semana comezamos unha nova unidade didáctica en Ciencias da Natureza que ten como eixe conductor as plantas e as súas características principais.
Aproveitando este tema decidimos levar a cabo un novo método de traballo: as "Paisaxes de Aprendizaxe".
Trátase dunha forma diferente de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltipes e a Taxonomía de Bloom.
Deste xeito, preséntase aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe e cal é o obxectivo final.
No noso caso comezamos realizando unha actividade todos xuntos e despois, por equipos de aprendizaxe cooperativa, foron resolvéndoa.
Tomar decisións, elexir o camiño a seguir, coñecer o proceso de aprendizaxe, superar retos, traballar en equipo e tamén de forma individual...
O resultado foi moi positivo xa que todos querían continuar facendo actividades do percorrido e a súa motivación estaba presente na aula.
Seguirémosvos contando a evolución desta nova metodoloxía que de seguro, non será a única vez que a desenvolvamos.
Deixámosvos algunhas imaxes da sesión desta semana