Hai uns días a profe trouxo unha bolsa enorme á clase. Dentro había unhas cantas laranxas e unha caixa que nos chamou moito a atención. A profe preguntou se sabíamos que cousa era a que estaba no interior da caixa pero nós non tiñamos nin idea.

Cando o sacamos todo para fóra vimos un artiluxio. Andivemos a indagar para atopar a utilidade ata que algún de nós, con máis experiencia, dixo que facía zume!
Despois de montalo e comprobar que funcionaba puxémonos mans á obra.
 De un en un, con moita paciencia, fumos comprobando como das laranxas saía zume. 
Ten o seu truco, non vos pensedes, xa que a laranxa non se deixa colocar tan fácilmente. Haiche que poñer forza para que saia todo o zume.
Costounos esperar porque queríamos probalo canto antes!