Estamos a traballar a tope estes días.

Comezamos a coñecer a Joan Miró, pintor e escultor que nos chama moito a atención polas cores e formas que utiliza nas súas obras. 

Xa coñecemos algunhas das súas pinturas e esculturas así que estamos a observar e cada día descubrimos cousas novas. Sabedes que o cadro "cántico al sol" ten un "ovo vermello"?
 E que a Miró gústanlle as estrelas, o sol, os ollos...?