O outro día levamos unha sorpresa enorme! O cuberto estaba cheo de caixas de diferentes tamaños, bandexas con pelotas, vasos, o tubo que usamos para meternos dentro e ata un tobogán alí no medio. Polo xeral o cuberto non suele estar así, polo que picounos a curiosidades e fumos investigar.

Despois de mirar, vimos que todo estaba cheo de bólas. Co que nos gustan á nós as pelotas! 
Puxémonos a xogar, abrimos tódalas caixas, contamos as pelotas que había dentro, mismos as cores, ordenamos algúns dos vasos, enchemos o tubo grande de pelotas e, con traballo en equipo, tirámolo para que saíran tódalas bólas rodando...
En definitiva, foi unha sesión diferente pero divertidísima!