Coma nós somos pequenos e pequenas e non vamos aguantar ata a noite decidimos festexar un pouquiño na clase.

Fumos a ver a exposición de cabañas que as nosas familias fixeron. Gustounos moito e quedamos sorprendidos de todo o traballo! Pasámolo xenial bailando, cantando e cun xogo moi divertido: "somos fantasmas". Basta con poñer unha manta por riba da cabeza e facer "uuuuuu" e xa nos convertimos en alegres fantasmas que non deixan de rir! Ademáis a nosa profe en prácticas, Sonia, fixo para nós uns disfraces súper chulos!!!! Así que nós xa lle perdimos o medo as fantasmas, poden vir cando gusten e botaremos unhas risas.