Procedemento de admisión do alumnado - 2º Ciclo

 

- No DECRETO establécense os principios e normas xerais da admisión do alumnado.

* Decreto 254/2012, do 13 de decembro

 - Na ORDE desenvólvese o procedemento concreto para levar a cabo a admisión, coas concrecións máis precisas.

* Orde do 12 de marzo de 2013 

* Orde do 25 de Xaneiro do 2017 con modificacións a Orde  do 12 de Marzo de 2013

 Sinalar que desde este ano de maneira opcional poderedes facer todos éstes tramites de modo online usando o portal da Xunta de Galicia ( www.edu.xunta.es/admisionalumnado )

 

 

- No seguinte enlace temos unha circular onde aparece a información mais relevante de todo o proceso, consideramos que é unha guía moi últil para as familias.

 *  Circular información Padres proceso admisión

 

PRAZOS

 

 - 1 ao 15 febreiro Reserva de praza en centro adscrito : Este trámite é solo para aqueles alumnos de 6º de Educación Infantil que desexen cambiar de centro e continuar os estudios o vindeiro ano nun dos centros adscritos a Casa Do Neno (Vilas Alborada, Apóstolo Santiago e Rodriguez Xixirei)

 * ANEXO I Reserva de praza centro adscrito 

  •  Os  alumnos que están cursando 4º,5º e 6º de Infantil en Casa Do Neno teñen garantizada a permanencia no centro para o vindeiro curso , polo que non teñen que participar no procedemento de admisión.

  

Listaxe de vacantes.


 

 - Do 2 ao 20 de Marzo presentación de solicitudes de admisión: Este trámite é necesario para os alumnos de 3º de Educación Infantil ( Aula 2 anos ) de Casa Do Neno que queiran continuar os estudios en 4º de Educación Infantil no noso centro para o vindeiro curso e tamén é requisito para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez no noso centro .

* Anexo II Solicitude de Admisión

* MAPA Google Earth Zona de Influencia Casa Do Neno

* Zonas de INFLUENCIA e LIMÍTROFES CASA DO NENO  ( comparade co mapa xa que algunhas rúas están incluidas en ambas zonas )

  * En caso de duda sobre a zona de influencia ou limitrofe que vos pertence non dudedes en chamar por telefono ao centro de Primaria ou escribir un correo a secretaría do centro. En todo caso as solicitudes serán revisadas e se se atopa algún erro ou dato incompleto comunicaraselle as familias para que o subsanen dentro do prazo.

 

- Dende o día 23 de Marzo ata o 5 de Abril. Rematado o prazo de solicitudes de praza no curso de 4º de Educación Infantil temos mais solicitudes que prazas vacantes, polo tanto as familias solicitantes de praza para 4º Curso de Ed. Infantil deben presentar a documentación acreditativa alegada no baremo dende o día 23 de Marzo ata o 5 de Abril.

   *Instrucións sobre como acreditar ditos criterios

 

 

- Antes do 25 de Abril publicaranse as listaxes provisionais de admitidos.

 

- Antes do 15 de Maio publicaranse as listaxes definitivas de admitidos.

 

- Do 20 ao 30 de Xuño, formalización de matrícula para os alumnos admitidos. A documentación deberá ser recollida de modo presencial no centro.

                         En setembro antes do inicio do curso escolar convocarase unha reunión para todas as familias de 2º Ciclo de Infantil e Ed. Primaria.

 

 

* Toda solicitude de admisión de novos alumnos tramitada fora de prazo, deberá presentarse na sede de Inspección Educativa de Santiago, sita no Edificio Mupega, Rúa San Lázaro, 109.