Dende o día 23 de Marzo ata o 5 de Abril.

Rematado o prazo de solicitudes de praza no 2º Ciclo de Infantil e en 1º e 2º de Primaria no curso de 4º de Educación Infantil (Nados en 2014) temos mais solicitudes que prazas vacantes, polo tanto as familias solicitantes de praza para 4º Curso de Ed. Infantil deben presentar a documentación acreditativa alegada no baremo dende o día 23 de Marzo ata o 5 de Abril.

Calquera dubida contactade conmigo no 881018241 ou en sec.casadoneno@gmail.com

 

 

Criterios xerais para a admisión do alumnado

  • 1. Se unha vez adxudicados os postos escolares ao alumnado que teña garantía de permanencia ou que goce de prioridade por proceder de centro adscrito, o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:

    • a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
    • b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
    • c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
    • d) Renda anual per cápita da unidade familiar.
    • e) Condición de familia numerosa.
    • f) Condición de familia monoparental.
    • g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
      h) Ademais, para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o expediente académico do alumnado.
      i) Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión.

 

 

Artigo 20. Criterio irmás ou irmáns matriculadas/os no centro educativo

 

  • 1. Só se terán en conta as/os que vaian continuar escolarizadas/os nel durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 4. A acreditación realizarase mediante fotocopia completa do libro de familia ou, no caso de menores en situación de acollemento, mediante fotocopia da resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
  • 5. Baremo: por unha irmá ou irmán matriculada/o no centro, 8 puntos; polas/os seguintes, 2 puntos por cada unha/un.

 

 

Artigo 21. Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro educativo

 

  • 1. Cómpre que a nai, o pai, a titora ou titor do alumnado, no prazo de presentación da solicitude, estea vinculada/o co centro mediante relación funcionarial ou contrato de traballo celebrado por escrito, sempre que non estea previsto o remate da relación no curso escolar para o que se solicita a admisión.
  • 2. Non se aplicará este criterio cando se trate de alumnado maior de idade ou menor que non conviva coa persoa que traballa no centro.
  • 3. Baremo: 3 puntos. Puntuación non acumulable no suposto de que ambas/os as/os proxenitoras/es ou titoras/es traballen no mesmo centro.
  • 4. A acreditación será realizada polo propio centro.

 

 

Artigo 22. Criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es

 

  • 1. Deberase indicar se se opta polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios. No caso da admisión a ensinanzas de bacharelato, as alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipadas/os, poderán optar por que se considere o domicilio do seu lugar de traballo, se é o caso.
  • 2. Considerarase como domicilio familiar o habitual de residencia das/os representantes legais do alumnado ou, se é o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade e menores que co consentimento dos pais vivan en domicilios distintos dos daqueles.
    Cando os representantes legais do alumnado vivan en domicilios diferentes, considerase como domicilio familiar o daquel con quen este conviva.
  • 3. O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas.
  • 4. De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación complementaria: copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión.
  • 6. A proximidade ao centro educativo do lugar de traballo acreditarase:
    • a) No caso de persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.
    • b) No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.
    • c) O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.
  • 7. Baremos:
    • a) Proximidade do domicilio familiar:
      • 1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.
      • 2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
    • b) Proximidade do lugar de traballo:
      • 1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.
      • 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

 

 

Artigo 23. Acreditación e valoración do criterio da renda anual per cápita da unidade familiar

 

  • 1. Terase en conta a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude.
  • 2. Considérase que a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente ou parellas de feito debidamente inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia e, se os houber, por:
    • a) As fillas e fillos menores de idade, con excepción das/dos menores que, con consentimento das/dos nais/pais ou titoras/es, vivan independentemente.
    • b) As fillas e fillos maiores de idade incapacitadas/os.
  • 3. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, entenderase por unidade familiar a formada pola nai ou pai e todas/os as/os fillas/os que residan habitualmente cun ou outro, que reúnan os requisitos subliñados no punto anterior. Nos casos de custodia compartida, entenderase como renda da unidade familiar a das persoas que convivan no domicilio familiar indicado na solicitude.
  • 4. Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas deberán sinalar na solicitude a cantidade que resulte da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro na declaración da renda conxunta, ou se é o caso, a que resulte da suma das declaracións individuais dos membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros computables desta.
  • 8. A valoración da renda anual realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
    • a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
    • b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
    • c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
    • d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

 

 

Artigo 24. Acreditación e valoración do criterio de condición de familia numerosa

 

  • 2. Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería de Traballo e Benestar, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación. Neste último caso, deberá achegar a fotocopia do titulo, da súa renovación ou do carné, antes da resolución definitiva da admisión no centro que solicita en primeiro lugar.
  • 3. Baremo:
    • a) Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
    • b) Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

 

 

Artigo 25. Acreditación e valoración do criterio da condición de familia monoparental

 

  • 2. Acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.
  • 3. A valoración deste criterio é de 2 puntos.

 

 

Artigo 26. Criterio de discapacidade

 

  • 1. Puntuaranse as discapacidades en grao igual ou superior ao 33 % da alumna ou alumno, da súa nai, pai ou titora/or ou dalgunha/un das/os irmás/áns.
  • 2. Acreditarase mediante a certificación do grao de minusvalía expedida pola Consellería de Traballo e Benestar ou, se é o caso, do órgano competente doutras administracións públicas.
  • 3. Baremo:
    • a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
    • b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
    • c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

 

Artigo 28. Criterio complementario aprobado polos centros

 

  • 1. Os centros educativos poderán establecer un criterio complementario consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente, de acordo con criterios obxectivos, debendo sinalar a forma de acreditalo.
  • 4. Os centros educativos farán público o devandito criterio e a forma de acreditalo antes do día 1 de marzo de cada ano.
  • 5. Baremo: 1 punto.

 

Artigo 29. Puntuación total e criterios de desempate


1. A puntuación total acadada conforme os criterios e valoración establecidos nos artigos
precedentes decidirá a orde de admisión.
2. No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación
obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación:
a) Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro.
b) Nai, pai ou titoras/es que traballen no centro.
c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo de nai, pai ou titoras/
es.
d) Renda anual per cápita da unidade familiar.
e) Condición de familia numerosa.
f) Condición de familia monoparental.
g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, na nai, pai ou titoras/es ou
nalgunha/un irmá ou irmán.
h) Expediente académico do alumnado, no seu caso.
i) Criterio establecido polo centro educativo.
3. Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando
o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana
do mes de febreiro e, en todo caso, antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.
4. No sorteo extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamente,
a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo
apelido. As catro extraccións levaranse a cabo con todas as letras.
5. A orde de prelación comezará pola/o solicitante cuxo primeiro apelido comece coas
dúas primeiras letras extraídas e, se non houber ningún, continuarase pola/o seguinte solicitante
por orde alfabética.
6. No caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias/os alumnas/os, comezarase
por aquela/aquel cuxo segundo apelido comece coa terceira e cuarta letras extraídas e, se
non houber ningún, pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
7. No caso de coincidencia do primeiro e segundo apelido entre varias/os solicitantes,
acudirase como criterio de desempate ao nome, por orde alfabética; en caso de persistir,
dirimirase por sorteo.
8. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes
non serán tidos en conta.