Esta semana comenzamos a traballar sobre algúns dos inventores máis importantes da historia da humanidade, así como aquelas cousas que inventaron.

En parellas tocounos investigar sobre un inventor e despois contarlle ao resto da clase o que aprenderamos.
Con toda esta investigación aprendemos algúns inventos e tamén reflexionamos sobre todos aqueles que son imprescindibles hoxe en día para o ser humano como a luz eléctrica.
Despois de todo este traballo plasmámolo nun mural grande para que sempre estea presente na nosa clase, e por suposto reflexionamos sobre o aprendido no porfolio.