Os contos achégannos ao mundo

Os contos permítenlles aos nenos utilizar a imaxinación. Esta funciona como cimento do pensamento e da linguaxe e reacciona estimulando a creatividade, proxectándoos no futuro e dando a posibilidade de revivir o pasado.

O conto infantil non só é importante porque serve como estímulo para o futuro lector, senón tamén porque contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, da creación literaria, da imaxinación de mundos posibles, entre outros. Ademais, porque ao recrear a vida dos personaxes e identificarse con eles, permítelle vivir unha serie de experiencias e situacións que lle axudarán a adquirir maior seguridade en si mesmo, a integrarse e formar parte do mundo que lle rodea.

Na Clase de Mariña damos un paso mais. Eles queren saber como se fan os contos, e a profe púxose no choio cun novo proxecto. Aquí deixámosvos un deles.