Obxectivos do centro

A través da acción educativa pretendemos contribuir ó desenvolvemento harmónico dos nenos/as nos seus distintos ámbitos. Durante o Primeiro ciclo (0, 1 e 2 anos) os nenos/as identificaranse progresivamente como persoas individuais, irán adquirindo os primeiros instrumentos necesarios para actuar no seu entorno inmediato e sentir que as súas necesidades de afecto e xogo están cubertas e poder expresalas cos medios ó seu alcance para chegar a ser autónomos nas situacións máis coñecidas.

En estreita continuidade co ciclo anterior, os nosos esforzos educativos no Segundo Ciclo (3,4,5 anos) dirixiranse a afianzar e ampliar as adquisicións logradas e por outra banda lograr un avance importante respecto ás capacidades cognitivas e linguísticas.

Tomamos como base a LOE en tódolos aspectos que se refiren á Educación Infantil e a LOMCE na Educación Primaria , o obxectivo que nos propoñemos é proporcionar unha educación integral, tendo en conta tódolos aspectos da persoa procurando potenciar e desenvolver, desde os primeiros anos da súa vida, distintas posibilidades e capacidades.