Onte pola mañá o colexio apareceu un pouco cambiado había cousas que non estaban o venres cado marchamos para casa.


Quedamos abraiados e tiñamos un montón de preguntas sobre o que estaba a acontecer.
Unha vez vistos os pasillos e revisadas todas as novas, na clase esperábanos unha carta moi especial. Escribiunos nada máis e nada menos que o Doutor Catarrón, pedíndonos que o axudásemos a encontrar diferentes utensilios que necesitaba para curar aos seus pacientes. Por suposto aceptamos colaborar e pronto atopamos a primeira pista, que nos levou a atopar o fonendoscopio, e ahí atopamos outra pista e así sucesivamente ata encontrar todo o que estaba perdido.
Unha vez de volta na clase con tódolos obxectos chamounos o mismísimo Doutor Catarrón para confirmar que todo estaba en orden.

Sen dúbida foi unha mañán apasionante!