Normas
Normas da Escola Infantil “Casa do neno” para un mellor funcionamento
- Toda a roupa do neno debe vir marcada, principalmente a que se lle saca (Chaquetas, xerseis, bufandas)
- Tódolos obxectos que traian os nenos deben vir marcados. Os chupetes deben ir marcados e con cadea.
- Se queredes que quede no cole deberá vir nun garda-chupetes co seu nome.
- A axenda é obrigatoria para a comunicación escola-familia, deberá vir polo menos marcado a data e o nome e se tedes algo que comunicar á mestra (estado de ánimo, saídas antes da hora …) o mellor é facelo mediante a axenda.
- Evitar petos, tirantes e cintos.
- Recomendamos que non traian xoias, xa que se lle poden soltar, e en ningún caso moedas.
- Un neno cunha enfermidade infecciosa non debe acudir ó centro.
- Un neno con febre non debe acudir ó centro, se lle sobe estando nel chamarase á familia para informar.
- En caso de ter que tomar algún medicamento será preciso traer receita médica.
- Traemos o mandilón posto o luns e levámolo a lavar o venres.
- Non se deben traer xoguetes da casa.
O primeiro día traemos:
- Unha muda completa para quedar no cole (chándal, camiseta, body ou braga/calzoncillo, calcetíns e calzado de reposto).
- Unha gorra marcada para ir ó patio.
- Traemos roupa cómoda que eles sexan capaces de subir ou baixar.
- Cueiros e toalliñas para quen os necesite, marcados.
- Unha botella pequena de auga.
Grazas pola vosa colaboración!!!