O luns os alumnos de 2º puxemos as nosas cabeciñas a pensar e fixemos a metacognición intermedia do proxecto.

Como xa sabedes, esta actividade consiste en reflexionar sobre o proceso de traballo vivido ata o momento no proxecto. Pensamos a resposta a algunhas preguntas como:

- Que aprendín?

- Que me resultou máis difícil?

- Que é o que máis me gustou?

- Como podo facer para aprender mellor?

Un traballo de reflexión intenso que rematou con un montón de ideas sobre todo o proceso que estamos levando a cabo.