Estimulación temperá

A importancia da estimulación temperá nos bebés é de gran importancia e unha das actividades a facer para levar a cabo esta estimulación son os chamados bits de intelixencia.

Tamén chamados "unidades de información" ou "tarxetas de información visual", teñen como obxectivos mellorar a atención, facilitar a concentración e desenvolver e estimular o cerebro, a memoria e a aprendizaxe.

Forman parte do Método Doman creado polo Dr. GlennDoman, e consisten en unidades de información visual que se presentan aos nenos dunha forma determinada.

Os rapaces de 0 anos están a “traballar” cos bits. Aquí tedes unha pequeniña demostración da profe Paula cos seus pequerrechos.