E por fin chegou o día...

 O luns pola mañá o colexio apareceu un pouco cambiado... a cada paso que dabamos aparecían cousas que o venres cando o deixamos non estaban... 

As caras de asombro e as preguntas mesturábanse coas risas e a emoción de averiguar que estaba acontecendo... 

Algúns xa sospeitaban algo... outros non sabían o por que desa decoración nova... e durante un bo anaco todos exploramos e investigamos para intentar entender algo...

Pouco a pouco... e despois de ter un tempo para probar, tocar, ler e falar entre todos empezamos a entender un pouco máis que estaba a acontecer...

Deste xeito, reflexionamos un anaco e entre todos comezamos a falar sobre as que cousas que había no corredor, o significado das mesmas, por que estaban ali, quen as puxera... e chegamos á conclusión de que algo especial estaba a acontecer...

UN NOVO PROXECTO COMEZABA!

Os maiores intentaron explicar aos máis pequenos que era iso dos proxectos... e pouco a pouco todos tiñamos máis ganas de empezar...

Deste xeito, comezamos o noso proxecto deste trimestre con moitas ganas e ilusión. Estamos preparados para empezar a aventura e adentrarnos na investigación que nos toca facer!.