Benvidos

A Escola Infantil e Primaria Casa do Neno, é un Centro que abarca os dous ciclos de Educación Infantil (0-6 anos) e o primeiro curso de Educación Primaria.

Contamos coas oportunas licencias e autorizacións para impartir toda a etapa de Educación Infantil e Primaria, sendo unha das Escolas Infantís que teñen a autorización da Consellería de Educación para impartir o 2º ciclo e tamén Primaria desde o ano 2016.

Desde este ano 2016 temos funcionando a aula de 1º de Primaria, que iremos ampliando ata completar toda a etapa de Primaria.

Pretendemos que os seus fillos se atopen no noso Centro coma na súa propia casa; e igual que vostede queremos o mellor para eles; que non é outra cousa que unha completa educación en tódolos aspectos do seu desenvolvemento: psicomotor, social, intelectual e afectivo.

 

- O horario do centro é de 07:45 a 19:30 para o 1º Ciclo de Ed. Infantil e xornada partida para o 2º Ciclo de Ed. Infantil e Primaria de 09:30 a 12:50 e de 15:30 a 17:20.

Contamos con servizo de Comedor e Horario amplio.