Aprendizaxe baseada en proxectos

A aprendizaxe baseada en proxectos é unha das novas tendencias educativas máis eficaces.

O seu poder está na capacidade de enganchar o alumno en torno a un tema que o motiva e que satisfai o seu interese por explorar novos coñecementos. A pesar de que os proxectos deben cumprir os contidos mínimos marcados nos currículos oficiais, temos a liberdade para elixir os temas cos que os alumnos aprenderán o que esixe a lei.

Ás veces o tema poderá ser elixido polo profesor, outras veces polos alumnos e outras veces de xeito compartido, pero sempre debe partir das necesidades e intereses do grupo.

Aquí tedes un exemplo do noso traballo por proxectos. Un rapaz da clase de 5 anos tivo un irmán. As dúbidas comenzaron en el e os seus compañeiros. A mestra Conchi non o dubidou e aquí temos o traballo dun dos rapaces.

Tamén estiveron connosco investigadores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, paseando polo marabilloso mundo da célula. Aquí tedes algunhas imaxes do seu traballo no noso centro.