Coa chegada do outono volve tamén a choiva e estes días falamos moito sobre que é o que precisamos levar cando chove. O primeiro do que nos acordamos sempre é o paraugas, así que hoxe tivemos un na clase para observalo, tocalo, collelo...

Primeiro miramos a cor, despois o tamaño. 
Pero está pechado!E como se abre? 
Entre uns e outros imos mirando e conseguimos abrilo un pouquiño. Queremos abrilo de todo pero non sabemos por onde. Hai un botón! Temos que pedirlle axuda a Taniaporque non temos forza para abrilo e un instante despois... Está aberto!
Metémonos todos debaixo, miramos arriba, volvemos a pechar e a abrir varias veces.
E por último pasamos a unha ficha onde pegamos gomets nun paraugas aberto.