Admitidos e non Admitidos Educación Primaria 17.18

            

Listados Definitivos

 

 

-Do 20 ao 30 de Xuño, formalización de matrícula para os alumnos admitidos. A documentación deberá ser recollida de modo presencial no centro.

                         En setembro antes do inicio do curso escolar convocarase unha reunión para todas as familias de 2º Ciclo de Infantil e Ed. Primaria.

 

 

* Toda solicitude de admisión de novos alumnos tramitada fora de prazo, deberá presentarse na sede de Inspección Educativa de Santiago, sita no Edificio Mupega, Rúa San Lázaro, 109.

 

 

Artigo 30. Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas e reclamacións.


1. Á vista das solicitudes de admisión presentadas, e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, se é o caso, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, por orde da puntuación total obtida.
2. De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.
3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

Artigo 31. Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas.


1. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
2. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados publicarán no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web, antes do 15 de maio de cada ano, as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, ordenadas segundo a puntuación total, indicando expresamente a forma concreta para a súa impugnación, órgano competente e prazo, de acordo co artigo seguinte.
3. Estas listaxes definitivas permanecerán expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro ata o día de inicio do novo curso escolar.
4. De conformidade co anterior artigo 30.3, as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

 

Artigo 32. Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación.

1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
2. No caso de centros privados concertados, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
3. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente, que contra esta cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.